Achegamos información referente aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da comunidade autónoma de Galicia para: Segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. No noso caso aféctanos únicamente as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria. 

INFORMACIÓNS RELEVANTES

  • O alumnado ten garantía de permanencia no centro, polo que os alumnos do noso centro que vaian continuar non teñen que facer reserva de praza.
  • Os alumnos de 4º da ESO que queiran solicitar praza en Bacharelato no centro adscrito (IES Santa Irene), poden facer a reserva de praza do 1 ao 15 de febreiro
  • O prazo ordinario de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo.
  • A solicitude para as etapas concertadas ( EI- EP e ESO) pode facerse on line  entregandoa asinada no centro; ou directamente papel. Debe axustarse ao modelo do anexo II da convocatoria.  Para os alumnos que xa están no centro e queren continuar o vindeiro curso, non é preciso que fagan reserva de praza.
  • O proceso de admisión en Bacharelato é propio. 
  • Só poderá presentarse unha única solicitude.
  • GARANTÍA DE PERMANENCIA: O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia. Polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá dun novo procedemento de autorización agás que coincida cun cambio de centro. É dicir, pódese presentar unha solicitude noutro centro educativo, e non se perde a praza. O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERÁ O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO.

  • Para os alumnos de 4º da ESO que queren facer Bacharelato no centro abrirase un proceso de reserva de matrícula.

Consulta o Calendario de Admisión.

  

Data do sorteo público a efectos de desempate

Celebrase ordinariamente a última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  • Este ano, Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2018/2019, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".
  • Podes consultar a resolución aquí

    Publicación de postos escolares vacantes

    Antes do 1 de marzo. No noso centro son:
  • 4º EI: 50
  • 6º EI: 5
  • 2º EP: 1
  • 1º ESO:9
  • Presentación da solicitude de admisión

    O prazo ordinario de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo. A matrícula pode facerse on line ou en papel, e debe axustarse ao modelo do anexo II da convocatoria. que o proceso de admisión en Bacharelato é propio. Para os alumnos que xa están no centro e queren continuar o vindeiro curso, non é preciso que fagan reserva de praza.

    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

    10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

    Antes do 25 de abril

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio

    Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

    Do 20-30 de xuño

    Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

    25 de xuño-10 de xullo

    Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato:

    Do 1-10 de setembro