A túa misión: poñerte en camiño

Cada ano tratamos de que toda a comunidade educativa camiñemos xuntos nesta direción axudados por un lema. Este curso 18-19: A TÚA MISIÓN: POÑERTE EN CAMIÑO. Un camiño como o é a vida, as vacacións, o de Santiago, un curso… onde o importante non é a meta, senón o camiño… ou a Mordor, sí a Mordor. Imos ver un fragmento da película “A comunidade do anel”, do Señor dos aneis para que me entendades.

 

  • Uhna misión: vivir a vida, que nos está a chamar, coma o anel, que non nos vai permitir baixarnos porque a vida segue.
  • Mordor: despois das vacacións a algún volver ao cole, é case case coma volver a Mordor.
  • Frodo: un dos nosos alumnos/as que ante a dúbida de todos, el quere levar o anel, o anel o elixiu, a súa vida o está a chamar, e ten que lanzarse a aventura, quere comerse o mundo. é un adolescente que parece que se nos vai, está cheo de enerxía, temos que ir con el, con ela.
  • Gandalf: é o seu mestre que somos nós e o noso Mestre (con maiúsculas) que é Don Bosco, que queremos acompañalo nesa vida súa que desexa vivir a tope, que vai estar na clase, no cole, pero tamén fora dela, na parroquia, no centro xunenil abertal, na plataforma social Teranga. Imos estar con eles non para facerlles o camiño, que o teñen que facer eles, senón para guialo cando o necesite.
  • Légolas, Aragorn, ou o anano Gimli: aqueles que aportánlle algo que non ten: hacha, espada, frechas… son as familias, sodes vós, que os coñecedes e que lles ides dando o que necesita para vivir. porque eles teñen en vós o seu modelo de vida, aínda que nesta idade se empeñen en disimulalo.
  • Os hobbits: os seus iguais, os compañeiros e compañeiras, que máis que nunca nesta etapa na que están os vosos fillos e fillas, tanto lles aportan.

Resume: que ante cada un dos nosos alumnos e alumnas, ese hobbit pequeno e aparentemente pouca cousas, pero que para nós é alguén con nome e apelidos, movilizámonos todos e todas, damos o mellor de nós mesmos para acompañalos nesa viaxe. El moviliza a todos e todas as que formamos a obra salesiana en Vigo: salesianos, profesorado, animadores, antigos alumnos/as, catequistas, traballadores sociais, voluntarios e voluntarias, as familias… por iso ofrecémoslle festas, facer voluntariado, convivencias, saídas, bos días pola mañá, abertal…

Grazas porque estando aquí nos estades a dicir que queredes camiñar connosco este curso. ¡BO CAMIÑO!