Campaña Mans Unidas 2019

Estamos metidos de cheo en desenvolver a Campaña de Mans Unidas este ano baixo o lema: Comparte o importante. Ademais das habituais actividades de sensibilización xeral queremos regalarnos dúas actividades máis significativas:

 

Operación bocata: o xoves, 21 de febreiro

Este curso a nosa achega será para a mellora das condicións educativas para primaria en zona rural en Guatemala. Esta actividade realizarémola para todo o centro, desde 3º de E. Primaria ata 2º de Bacharelato, e estará aberta ás familias que o desexedes, aínda que os vosos fillos non estean nestes cursos.

Como apuntarse?

Os que esteades interesados podedes pasar pola portería do colexio ata o luns, 18 de febreiro, para adquirir o vale. Os vales dos vosos fillos, se están nos cursos de 3º de E. Primaria ata 2º de Bacharelato, compraranos eles mesmos. O prezo do vale, coma os anos anteriores, será de 4 euros.
Pode ser que haxa persoas que non poidan participar por motivos laborais e queiran colaborar igualmente coa campaña, para elas temos o Bocata 0 (unha especie de fila 0). Poden colaborar cunha cantidade, a que eles queiran -entregándoa na portería do centro-, e non asistir ao xesto.
Se hai algunha familia que queira anotarse e os seus fillos están en E. Infantil ou no 1º ciclo de Primaria poden anotarse e vir cos seus fillos se así o desexan. (En calquera caso o alumnado de EI e 1º-2º de EP participará sempre acompañado dunha persoa adulta).

Unha hora pola solidariedade: xoves, 21 de febreiro 

En colaboración coa ANPA, ofreceremos unha actividade na biblioteca escolar. A entrada solidaria será de 1 euro por persoa. 

17,45 Unha hora pola solidaridade na biblioteca

Contamos contigo