Campaña Nadal Solidario 2018

 O cole xa está vestido para o nadal. Os corredores decorados, luces postas, ánimo preparado... o nadal asolaga o cole. Actividades nas titorías, unha celebración xuntos o 21 pola mañán, a invitación a desfrutar e celebrar destas datas... 

E cremos ademais que estas datas, a pesares e todo, seguen a ser datas con entraña. Por iso no noso colexio promovemos e desenvolvemos accións con entraña e para xerar entraña. Poñemos en marcha a Campaña do Nadal Solidario, para a recollida de alimentos non perecedoiros para compartir coas familias coas que se colabora desde Cáritas ao longo de todo o ano. Este ano co reto de xunta 3 Toneladas de alimentos. O reto 3t.

 

 

Podes sumarte ao reto aportando alimentos, E ademais da recollida de alimentos, ofrecemos para o alumnado a partires de 3º ESO un obradoiro de solidaridade no que contar, colocar e repartir os alimentos recibidos. Ofrecemos a posibilidade de dar tempo e adicación. Algo que non se consegue con cartos e que está ao alcance de todos. Os interesados teñen que apuntarse en Abertal.