Mes da orientación académica e profesional 2018

Pasadas as festas de Don Bosco, e xa metidos en tempos de tomar decisións académicas para o vindeiro curso, dende o departamento de Orientación en colaboración coa ANPA, organízanse diferentes actividades relacionadas coa Orientación Académica e Profesional. Actividades destinadas principalmente a alumnos e alumnas de 3º da eso en diante e as súas familias, pero abertas a tódolos que estean interesados e interesadas.

Cada alumno e alumna é protagonista do seu proceso académico, e a medida que medra, máis responsable das decisións que o van orientando cara un ou outro ámbito laboral e vital. Dende o centro cremos na "vocación", resultado do proceso de escoita íntima e discernimento, como elemento guía das decisións que cada quen tomamos no seu proceso formativo. En xaneiro tivemos a semana vocacional, punto de arranque dunha proposta de pararse a pensar. E agora queremos seguir enriquecendo e acompañando ese proceso con recursos, información e a oferta permanente da consulta individual.

Durante este mes durante a titoría, desenvolvemos actividades, presentamos experiencias, darase información, etc... todo elo destinado a enriquecer ese proceso. Xunto coa proposta de adicar un rato a pensar sobre un mesmo, sobre o itinerario cursado e os posibles camiños dende agora. Non se trata solo de responder a si "ciencias ou letras". 

Ademais das actividades a desenvolver na titoría, achegamos a información das xornadas e actividades de familias propostas

 

poapweb3