Operación Manda Carballo

Baixo o lema “operación: manda carballo”, no centro foi tomando forma un proxecto que arrincou coa vaga de lumes de outubro, e a día de hoxe implica á comunidade educativa no reto de reforestar 2 hectareas da comunidade de Montes de Chandebrito. 

A  vaga de lumes deu en motivar un proxecto de concienciación no que xerminar landras de carballo ata acadar plantas viables que logo trasladar ao monte. Toda a comunidade educativa foise sumando á iniciativa, ata dar forma a un proxecto que abrangue a alumnos dende 3º de Primaria ata Bacharelato, en diferentes materias e diferentes fases. Visita a web do proxecto para ver as fases en detalle.

O proxecto articulouse en diferentes liñas de traballo. Por unha banda, a xerminación das landras nos laboratorios do centro, e o posterior trasplante en bricks de leite con terra para acadar plantas viables para levar ao monte. A día de hoxe case que 1000 exemplares medran na terraza do colexio. Acompañouse no tempo coa realización dunha unidade didáctica sobre a importancia dos bosques e os incendios forestais en Galicia, a súa problemática en xeral e outros moitos contidos acerca da necesidade que temos de comprometernos coa conservación e protección do noso medio ambiente. Visitounos os días 16 e 20 de febreiro a Oliver Wais, enxeñeiro agrícola e pai de alumnos do centro, e Víctor Vidal, presidente de la Comunidade de Montes y Asociación de Veciños de Chandebrito, para explicarnos en que vai a consistir o traballo de reforestación, como foi o incendio, e os proxectos que a comunidade ten para a recuperación do monte.

Chegado o mes de marzo, e xa tendo preto o momento da plantación, asinouse un acordo coa comunidade de Montes de Chandebrito polo cal,os alumnosdo centro asumirán a reforestación e coidado de 2 hectareas. Acto de sinatura contou con rolda de prensa incluída.

Nas aulas estase traballando unha  Unidade Didáctica que podes consultar e descargar para traballar.

E xa está planificado que os días 24 e 25 de abril trasladarase alumnos de 5º EP a 2º BACH a facer a plantación. E para o 19 de Xuño unha xornada de limpeza por parte dos alumnos da etapa de Secundaria e aberto o calendario de iniciativas... Se te animas, no tutorial tes os detalles de como facelo...