Volta ao cole 2018

Benvidos e Benvidas todos. Xa estamos de volta.

Setembro... e comezamos. Seguro que con ánimos renovados e ilusións novas.... Para empezar ben, destacamos algunhas das informacións máis relevantes para o inicio de curso, moitas das cales xa volas enviamos a casa na carta de benvida, que tamen podes descargar no apartado de circulares en secretaría.

Datas de inicio de curso:

  • 12 de setembro: comezo en Infantil e Primaria, de 9:00 a 14:00h
  • 17 de setembro: Xornada de Inauguración en ESO e Bacharelato de 8:15 a 14:10h

O período de adaptación en 4º de Infantil

  • o comezo do curso será o 12 de setembro de 10:00h a 11:00h. Os nenos/as poden vir acompañados dalgún familiar. 
  • o 13 e 14   de setembro: o horario será de 9,00h a 11,00h. O alumnado xa non poderá estar acompañado
  • do 17 ao 25 de setembro, de 9:00h a 12:30h.
  • e do 26 ao 29 de setembro de 9:00h a 14:00h.

Lembrar que do 12 ao 26 non haberá servizo de comedor nin de gardería para este alumnado. Do 26 ao 28 si que poderedes empregar ambos servizos a traves dos vales diarios.

Horarios do curso:

Para este curso, o horario do centro será o mesmo que o ano pasado:

En Infantil e Primaria:

  • Nos meses de setembro e xuño: de 9:00 a 14:00h
  • Nos meses de outubro a maio: de luns a xoves de 9:00 a 12:30 e de 15:30 a 17:30. E os venres de 9:00 a 14:00h

En secundaria e Bacharelato:

  • Nos meses de setembro e xuño: de 8:15 a 14:10h ou 15:00h ( en función das optativas escollidas)
  • Nos meses de outubro a maio: de luns a venres de 8:15 a 14:10h ou 15:00h ( en función das optativas escollidas) e os luns pola tarde de 15:45 a 17:30h

Mantemos os Acollida Matinal (de 7:45 a 8:45), o servizo de comedor que comeza o día 12.

Outras informacións de interese para apuntar:

Reunións con familias de setembro:

O calendario de encontros coas familias para este inicio de curso é o seguinte:

  • Xoves 6 ás 18:30 reunión familias 4º E. Infantil na Aula Magna.
  • Luns 10 ás 18:30h reunión familias 1º EP na Aula Magna.
  • Martes 11 ás 18:30 reunión familias 5º E. Infantil na Aula Magna.
  • Martes 11 ás 19:00 reunión familias 6º E. Infanti na Aula Magna.
  • Luns 17 ás 19:00 reunión de familias de 1º ESO na Aula Magna.
  • Martes 18 ás 19:00 reunión de familias de 2º a 4º da ESO no Cine Salesianos.
  • Mércores 19 ás 19:00 reunión de familias de 2º a 6º EP no Cine Salesianos.
  • Xoves 20 ás 19:00: reunion familias de Bacharelato no Cine Salesianos. 

Para calquera aclaración ou pregunta, pásate polo cole ou chama. Feliz volta ao cole.