1º e 2º EP de visita en "A Canuda."

O 14 de xuño os nenos e profes de 1º e 2º de EP fomos pasar o día ao parque de Salvaterra "A Canuda". Cando chegamos o primeiro que fixemos foi tomar a merenda de media mañá nas gradas. Todos estaban desexando ir correndo a xogar ao parque: é tan grande e ten tantas cousas onde pasalo ben!

Tamén vimos os parrulos do estanque e despois dos xogos e o paseo había fame, así que sentamos na herba e compartimos o momento do xantar.   O tempo pasou moi rápido e chegou a hora de volver a Vigo... algúns estaban cansos, pero aínda querían xogar máis!

Pasamos un día xenial! Visita a galería de fotos