1º EP de viaxe no Nautilus...

O venres 4 de maio os alumnos e alumnas de 1º de primaria gozamos dunha experiencia única navegando pola ría de Vigo a bordo do barco Nautilus. Sentímonos coma auténticos mariñeiros sucando as ondas e descubrindo os secretos dos fondos mariños grazas ao robot acuático Nemo. Así puidemos observar moitas das especies autóctonas da nosa ría: mexillóns, estrelas de mar, nécoras, polbos... e ata golfiños! Ademais lembramos a batalla de Rande e como o verdadeiro Nautilus (o de Xulio Verne) quixo atopar na enseada de San Simón os grandes tesouros que alí se afundiron. Visita a Galería de fotos da xornada.