1º EP de visita no ZOO

O pasado 22 de marzo os nenos e nenas de 1º de primaria pasamos a mañá no parque zoolóxico de Vigo, coñecendo as distintas especies que alí viven.
Sabemos que o ideal é que os animais gocen de liberdade, pero descubrimos que Vigozoo é un lugar de acollida, un refuxio para animais feridos onde se lles proporciona un fogar cando xa non é posible reintroducilos na natureza. Tamén é un centro de recuperación de especies ameazadas ou en perigo de extinción como por exemplo a tartaruga europea ou o lince.  Grazas á nosa visita somos máis conscientes da importancia que ten o coidado dos seres vivos e o respecto ao medio ambiente

Visita a Galería de fotos da xornada.

IMG 4736