1º EP visita o mercado e a Cáritas Parroquial

O pasado 5 de novembro os nenos e nenas de primeiro de primaria fomos ao mercado do Progreso e a Cáritas

O obxectivo era facer unha compra saudable e solidaria que logo doaríamos na operación quilo. Para preparar a saída estivemos investigando sobre os produtos máis saudables e ata fixemos unha pirámide de alimentos. Pero, ollo! para a nosa compra solidaria non nos valía calqueira produto, ademáis de saudable tiña que ser non perecedoiro. Coa aportación das dúas clases fixemos unha lista da compra que cumpría cos dous requisitos e...alá fomos! No mercado coñecemos os distintos postos, e aínda que a maioría de produtos que vendían eran frescos, logramos atopar alimentos que nos servían: figos, distintos peixes en conserva, garavanzos, fabas... e o que non atopamos, mercámolo no supermercado. 2017 12 05 PHOTO 00006933
Ao saír do mercado, e xa coa nos compra na cesta, acercámonos a Cáritas para coñecer de cerca o gran labor que alí desempeñan. Axudan ás familas da nosa parroquia que máis o precisan repartindo roupa, alimentos, pañais, xoguetes... Por iso estamos orgullosos de aportar o noso pequeno gran de area colaborando con eles na operación quilo, ou como nos gusta chamalo aos de primeiro: QUILABORANDO!

Visita a Galería de fotos