1º Primaria visita o Zoo

O pasado 20 de abril os nenos e nenas de 1º de primaria pasamos unha mañá distinta en Vigozoo. Alí coñecemos moitas especies e as súas historias: por que están no zoo, cal é o seu hábitat, de que se alimentan, que podemos facer para salvalos da extinción...
Pero a nosa experiencia foi máis alá dunha mera observación de animais xa que puidemos comprobar a importante labor que se desempeña no parque. Vigozoo é un lugar de acollida, un refuxio para animais feridos onde se lles proporciona un fogar cando xa non é posible reintroducilos na natureza. Tamén é un centro de recuperación de especies ameazadas, como por exemplo a tartaruga europea ou o voitre leonado. Ademais colaboran con parques naturais para o estudo e investigación de distintas especies como o lobo ibérico ou a salamántiga das Illas Atlánticas.
Grazas á nosa visita somos máis conscientes da responsabilidade que temos para coidar o medio ambiente e conservar a biodiversidade para o presente e o futuro do noso planeta.

Na Galería atoparás as fotos do día.