5 anos visitou a Granxa Escola Serantellos

Alí recibíronnos os monitores, que nos separaron por grupos para realizar diversas actividades. Coñecemos moitas aves que non coñeciamos, puidemos ver e tocar moitos animais da granxa (incluso collemos no colo coellos!). Pero tamén tivemos tempo de tomar unha merecida merenda e facer pan (as nosas familias poden corroborar que estaba boísimo!).
Despois de tanta actividade, necesitabamos repoñer forzas, así que comemos e xogamos un pouquiño. A continuación, seguimos coa nosa labor como granxeiros e granxeiras: plantamos sementes de cabaza de peregrino, regamos a horta ecolóxica que teñen na granxa, coidamos máis animais...
O pasamos xenial, foi un día no que convivimos todos e todas xuntas e puidemos ser granxeiros por un día... Iso si, máis dun quedou durmido no bus de volta, do canso que estaba!. Na Galería de fotos atoparedes algúns dos mellores momentos do día.

Moitas grazas a todas as persoas que traballan na Granxa, que nos acolleron moi ben e ensináronnos moito!