6ºEI visita a Inprenta do Colexio Hogar


O 8 de novembro fomos á imprenta do colexio Hogar a coñecer como é o seu funcionamento e as diferentes fases de impresión dun libro. Primeiro descubrimos como se deseña: hoxe en día utilízanse ordenadores e programas informáticos.
O segundo descubrimento foi ver como funciona unha imprenta, os diferentes tipos que hai segundo o que queiramos imprimir (xa que non só os libros pasan por un proceso de impresión), as cores que se utilizan e, para rematar, mostráronnos como se encaderna un libro.
E nun terceiro momento leváronnos a unha sala moi especial na que vimos como se cuñan letras, como se imprimen camisetas, como se fan chaveiros, adhesivos... 

Pasámolo moi ben e aprendemos unha chea de cousas. Grazas a todos os profesores do colexio Hogar que estiveron connosco e aos alumnos tamén, que nos axudaron moito!

Visita as fotos na Galería