Actividade Solidaria na Biblioteca

O pasado Xoves 26 de Abril, tivemos a posibilidade de colaborar e por o noso pequeno gran de area para axudar a ONG YO LUCHARÉ POR UNO. Esta ONG traballa cos nenos de San Carlos Perú. Aproveitando que estábamos na semana do libro e que o tema a tratar este curso non era outro que o famoso escritor JULES VERNE e a súa obra, desfrutamos na biblioteca do cole dun entretido obradoiro solidario onde fixemos un marcapáxinas con formas de animais mariños. Pero antes disto, tivemos a posibilidade de poder escoitar uns pequenos relatos de dúas das obras máis coñecidas polos nosos nenos e nenas como son “A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS” e “ 20000 LEGUAS BAIXO DOS
MARES”.
Ademais, acompañando estes relatos, tivemos a sorte de poder escoitar a través do son do violoncello e do teclado, entretidas melodías relacionadas dos lugares onde se desenvolven os relatos do famoso autor.
Agradecer a ANA, DANI e ANDREA a súa colaboración para poder levar a cabo este obradoiro solidario e a todas as persoas que estiveron alí con nós pasando un rato xuntos.

Visita a Galería de fotos.