Arqueólogos por un día

O noso obxectivo, ademais de coñecer petróglifos feitos hai 4000 mil anos, era aprender máis sobre as formas de vida dos nosos antepasados da prehistoria. Arqueólog@s por un día analizamos e estudamos varios gravados ao aire libre, practicamos algunhas das técnicas que se utilizan para rexistrar a imaxe dun gravado e investigamos sobre os significados dos gravados e a vida cotiá das persoas que os concebiron a través duha exposición permanente e da recreación dun poboado da Idade de Bronce. 

Se queredes saber máis desta época e do que podedes atopar no PAAR, esperade a que publiquemos nos nosos blogs os folletos que estamos a elaborar nas materias de Educación Plástica Visual, Lingua Galega, Lingua Castelá e de Xeografía e Historia. Visita a galería de fotos do día