As mulleres das nosas familias

Quen foi a primeira muller da túa familia en viaxar soa ao estranxeiro? E en levar pantalóns? Estas preguntas, cargadas de intención, abríronlle ao alumnado de 2º ESO a porta a descubrir as heroínas que se agochan nas súas casas, nas súas vidas. Acharon mulleres afoutas que cruzaron o océano para manteren as súas familias, mozas indisciplinadas que estudaban ás agachadas e vestían minifaldas, nais coraxe que sacaron fillos adiante sen axuda.

Aquí podes consultar os traballos feitos. 

https://sites.google.com/educa.salesianosvigo.es/mulleresdasnosasfamilias/inicio