Bautismo de mar

Hai uns días o alumnado de 5º de EP, despois de varios adiamentos, puideron realizar o seu BAUTISMO DE MAR. Disfrutaron dunha mañá no entorno da Ría de Vigo iniciándose na navegación á vela. A bordo dos seus raqueros convertéronse en tripulantes intrépidos descubrindo doutro xeito o medio mariño. Cabos, foque, bateas, babor, estribor, proa, popa sobre as bateas e puideron observar golfiños, corvos mariños...

Na Galería atoparás algun dos mellores momentos.