Bautismo de mar en 5º EP

Programado dende a área de Educación Física, o alumnado de 5º dePrimaria disfrutou nestas últimas semanas do tradicional “Bautismo de mar”. Foi unha mañá de iniciación á navegación a vela desenvolvida en colaboración co Real Clube Náutico de Vigo.

A actividade consisitiu nun primeiro contacto co deporte da navegación a vela. Durante toda a mañá aprenderon a montar/ desmontar o barco (tipo Raquero) de vela, levaron o timón e as velas do barco, coñeceron un chisco mellor a Ría de Vigo, as bateas e o funcionamento básico das mesmas. Tamén aproveitamos para adentrarnos na terminoloxía náutica e aprender algún dos nós máis utilizados no mundo da vela. Foi sen dúbida unha mañá inesquecible! Aquí vos deixamos os vídeos da xornada.