Campionato de Cross escolar

Coma xa informamos nesta web, o pasado xoves 30 de novembro, celebrouse o Cross Escolar organizado polo Servizo provincial de deportes da XUNTA DE GALICIA, dentro do programa XOGADE.
O noso centro participou por primeira vez nas categorías de alevín (5º EP) e infantil (1º ESO). Ademais de disfrutar dunha estupenda xornada de convivencia e práctica deportiva, debido aos bos resultados obtidos clasificámonos por equipos para a fase provincial.

O martes 23 de xaneiro, desprazáronse ao Concello de Portas 24 atletas, acompañados por Jorge e Alberto para competir no Campionato de Cross Escolar Provincial. Coma podedes observar na galería , disfrutaron de novo doutra experiencia deportiva, alcanzado ademais, uns bos resultados nas distintas categorías.

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES pola súa actitude e esforzo durante a competición.

crossescolar