De museos por Madrid

O alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visita os museos do Prado e do Reina Sofía

O 22 de febreiro o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitou os museos do Prado e do Reina Sofía en Madrid para estudar e coñecer de primeira man algunhas das obras que entrarán na proba de acceso universidade.
Foi unha xornada intensa e chea de emocións: tomando notas, descubrindo estilos, relacionando historias, experimentando coas cores, diferenciando perspectivas; aprendendo, en definitiva, o alfabeto da arte, fóra dos libros de texto e das diapositivas.