Escornabots e robots na semana do libro en primaria

Estes días, co gallo da semana do libro, os nenos de Primaria recibiron a visita dos seus compañeiros de 3º da ESO, quenes desenrolaron na materia de Tecnoloxía un proxecto que amosar aos pequenos, para así introducilos no mundo da programación acompañados pola obra de este ano: “Vinte mil leguas de viaxe submarina”.

Por un lado, algúns dos grupos se dirixiron ás clases de 1º: lles presentaron uns xogos de mesa deseñados e creados por eles mesmos, nos que o verdadeiro protagonista era o Escornabot. E todos nos preguntaremos, que é o Escornabot? Estamos falando dun pequeno robot de código aberto, que, coa axuda dos seus compañeiros, os máis pequenos debían intentar dirixir ata o obxectivo que tiñan marcado e así tratar de conseguir os logros que se explicaban no xogo. A reacción foi moi positiva e tanto maiores como pequenos pasaron un gran rato á vez que aprendían sobre robótica.

Noutra banda, os grupos restantes se dirixiron ás aulas de 5º e 6º, onde lles amosaron os proxectos que realizaron programando con Scratch. Neste caso nos referimos a unha linguaxe de programación mediante a cal os nenos poden aprender a programar dende cero, chegando a acadar resultados moi interesantes. Os nosos alumnos da ESO realizaron dous tipos de aplicacións. Por un lado fixeron videoxogos que os compañeiros de Primaria puideron descubrir dende dentro e logo probar; e por outro realizaron contos interactivos, animando aos pequenos a completar a historia do Capitán Nemo na súa chegada á “bahía de Vigo”.

Consulta as fotos na Galería