Excursión a Granxa Serantellos de Infantil

O pasado 16 de maio, os nenos e nenas de 6º de infantil gozamos dun día na Granxa Serantellos.Alí vivimos en primeira persoa moitas das aprendizaxes que adquirimos nas aulas durante estes tres anos a través dos libros, das fotografías…como por exemplo, o divertido que pode ser facer pan e os ingredientes que necesitamos para a súa elaboración. Un dos momentos que máis nos gustou foi ver, tocar e alimentar a diferentes animais: ovellas, burros, coballas, gansos, coellos, galiñas,… ademais aprendemos moitas curiosidades de todos eles.

E por último, explicáronnos de onde veñen algúns dos alimentos que nos atopamos na nosa mesa cando sentamos a comer como as patacas, o millo, verduras, etc. E o máis importante, tivemos a sorte de plantar a nosa propia colleita.

Foi un día diferente, onde non deixamos de aprender e divertirnos coma sempre, pero noutra contorna.. Queremos dar as grazas desde aquí a Jose, Matías e Noemí por acompañarnos e facer que a visita á granxa fose unha das experiencias máis xeniais que vivimos en infantil. Visita a Galería de fotos.

Granxa Escola EI 1819