Excursión as Illas CIes

O pasado 20 de xuño o alumnado de 5º de Primaria acompañados por Cris, Alberto e Segundo, disfrutaron dunha xornada no Parque Natural das Illas Cíes. Pola mañá fíxeron a ruta do Faro e visitaron a pedra da Campá. Unha vez rematada a andaina, houbo tempo para o baño na praia da Nosa Señora.
Despois comida e sobremesa, para camiñar de volta ao embarcadoiro facendo parada na praia de Rodas, onde darse o último chapuzón. Un día completo para celebrar xuntos a despedida do curso. 

Na Galería de fotos atoparás os mellores momentos