Felicidades dona Margarita Salas.

O alumnado de 6º de Primaria dentro do proxecto " Mulleres" que se está a levar a cabo na biblioteca do cole e conxuntamente na tarefa de natureza " Os seres Vivos", estiveron investigando sobre a célula e sobre a personalidade de Dona Margarita Salas, coma muller imprescindible no estudo da bioloxía molecular e pola súa aportación á Ciencia. Por mor do seu aniversario, o 30 de novembro, no que Dona Margarita cumpre 80 anos, o alumnado envioulle este vídeo coma agasallo.