Festival de fin de curso na ESO

O xoves 22 rematamos o curso cun emotivo festival en secundaria no que se combinaron as bagoas pola despedida de 4º da ESO coa ledición pola chegada do verán. De novo protagonistas sobre o escenario, con música, baile e actuacións. Na galería de fotos podes ver algúns dos mellores momentos, e aquí os vídeos de despedida de 4º da ESO.