Infantil visita o teatro de A Fundación

Infantil achegouse o venres o Teatro Afundación Vigo para desfrutar coa obra Guyi-guyi.Guyi-guyi un crocodilo que naceu nunha familia de patos. Vive feliz con eles ata que un día atopa outro crocodilo.

Desta maneira descubre que el non é un pato e que os crocodilos comen patos. O noso protagonista vive diferentes aventuras para poder chegar a coñecerse e saber quen é realmente. Buscate nas fotos do público.