Manifesto 8 de marzo

Hoxe, 8 de marzo, como mulleres, queremos reivindicarnos pedindo igualdade por moitos motivos:

Queremos poder vivir sen medo en calquera situación e contexto, tanto na rúa como na casa.

Non queremos vernos nin sentirnos subordinadas a ningunha figura masculina.

Podemos valernos por nós mesmas.

Somos capaces de realizar calquera tipo de tarefa ou traballo, como deportista, directora, científica, policía, militar, filósofa, política…

Non somos ningunha posesión nin propiedade, nin estamos para servir a ninguén.

Temos capacidade para tomar as nosas propias decisións, sobrepasando os estereotipos da feminidade do noso redor.

Porque estamos fartas dos femicidios e entristecémonos por todas as mulleres que xa non están con nós, vítimas das violencias machistas.

Non queremos ser xulgadas nin humilladas por incumplir os roles de xénero que se nos atribúen as mulleres.

Porque todas as mulleres sufrimos ou sufriremos agresións sexuais ou violacións nalgún momento da nosa vida, segundo Amnistía Internacional.

Porque hai moito contido audiovisual como películas ou cancións que axudan a perpetuar o machismo e a cultura da violación.

Para dar luz a todos os labores tanto culturais, científicos, artísticos e sociais feitos por mulleres e invisivilizados durante a historia.

Polas traballadoras do fogar e o seu traballo non remunerado.

Porque a brecha salarial non é un mito (23% de diferenza) e as pensións das mulleres son a metade cás dos homes.

Non queremos que as relacións tóxicas e abusivas, cos mitos do amor romántico, se vexan como algo normal. Loitamos polo amor igualitario e libre.

Cada vez somos máis as que nos xuntamos neste movemento, e pouco a pouco, imos conseguido avances. Aínda nos queda moito por facer.

Esta non é unha loita contra os homes, senón contra os seus privilexios e contra o machismo. 

A través do apoio, o agarimo e a constancia chegaremos lonxe.

SOMOS MULLERES, O 8 M É TODOS OS DÍAS DO ANO.