Os nenos de 1º EP visitaron Aproimpa

O 23 e o 24 de outubro os nenos e nenas de 1º de educación primaria fixemos a nosa tradicional visita a Aproinppa. Alí, a panadeira Tere, aprendeunos a facer un saboroso pan con fariña, auga, lévedo e sal. Cando xa tiñamos a nosa masa lista botamos a voar a nosa imaxinación creando boliños de distintas formas: trenzas, serpes, lazos, coroas, e mil e unha formas divertidas.  Pero o mellor de todo foi que mentres esperabamos a que o noso pan saíse do forno, almorzamos madalenas e croissants artesanais que estaban boísimos!

Visita a Galería de fotos