Protagonista da semana en 4 anos

Unha das actividades que máis nos gusta das que realizamos no curso de catro anos é a do “PROTAGONISTA DA SEMANA”.
Ser protagonista conleva traer á clase un mural decorado con fotos deles, da sua familia, momentos divertidos nos seus lugares preferidos….e tamén unha carta escrita polos seus país onde contan cousas do seu fillo para que os seus compis e a mestra podan coñecelo máis.
Durante eses días poden traer o colexio os seus xoguetes favoritos e como guinda do pastel o Xoves desa semana, recibimos na aula a algún familiar do prota ( pai, nai, os dous, avó, avoa…)que ven a compartir con nós un momento agradable facendo unha actividade de manualidades, contándonos un conto, ou simplemente ven a falándonos sobre qué fai no seu traballo. Todos o disfrutamos moito, sobre todo o neno ouna nena “PROTAGONISTA” .
Gracias ás familias de: SOFÍA, ALEJANDRO, VALENTINA, MARIO ,ÁLVARO,CORA,JACOBO, NOA; DAVID,AMAIA, XIÁN, SANTIAGO, MARTÍN , VICTORIA, ISMAEL, LUCÍA, CARLA Y STEFANO. Encantounos tervos no cole, estamos dexesando recibir aos do segundo trimestre !!!!

Na Galeria de fotos atoparás algún dos mellores momentos