Publicado o libro de XXIlismo

O libro consta dunha recompilación de poesías visuais e escritas, ideadas polo alumnado de 4º ESO no curso 2016-2017. Orixinalmente, esta proposta pretendía estar integrada na viaxe a Barcelona, mais nunca imaxinaramos que se convertería en algo moito máis ambicioso. As súas páxinas son testemuña do espírito desta promoción, de cada un d@s que quixemos deixar unha pegada que endexamais se borrará. Quen nos ía dicir que "as vangardas", das que non tiñamos noción algunha, serían a nosa inspiración durante tantos meses. A título persoal, resultou unha experiencia única e enriquecedora, a lembranza dunha etapa especial.
Agardamos facervos partícipes da nosa andaina!

O libro publicouse baixo encargo, e por tanto trátase de unha edición limitada. Pero calqueira persoa interesada pode apuntarse na librería D.Bosco por se nalgún momento houbese unha reedición do mesmo.