Saída a Campolameiro de 1º ESO

O 23 de febreiro as alumnas e os alumnos de 1º de ESO visitamos un dos conxuntos de Arte Rupestre máis importantes de Europa, o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, para coñecer petróglifos feitos hai máis de 4000 mil anos e aprender máis sobre as formas de vida dos nosos antepasados.
A nosa viaxe pola prehistoria comezou cunha visita guiada e o estudo de varios gravados ao aire libre, incluso practicamos nun obradoiro algunhas das técnicas que os arqueólogos e arqueólogas empregan no seu traballo diario.
Pero a visita non acabou aí, completamos o noso estudo percorrendo a recreación dun poboado da Idade de Bronce e, por se tiñamos dúbidas, un museo moi chulo cheo de información interesante.
Se queredes saber máis desta época e do que podedes atopar no PAAR, esperade a que publiquemos os folletos que estamos a elaborar nas materias de Educación Plástica Visual, Lingua Galega, Lingua Castelá e de Xeografía e Historia ou visitade os nosos blogs e diarios de aprendizaxe na seguinte ligazón: https://porquesomoshistoria.blogspot.com.es/. E visitar a Galería de fotos da saída.