Tarefa "Make a Book" de 5º e 6º EP

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria dende a materia de Arts and Crafts estiveron confeccionando un  libro de vocabulario en inglés para  os rapaces de 1º e 2º de Primaria.

Unha vez feito os grupos e designado o topic(transports, family, house, nature, clothes,weather,colours,...)comenzaron a buscar vocabulario. Mínimo 12 palabras en cada libro.
Organizáronse para debuxar, escribir e decorar cada páxina así coma a elaboración propia do libro, é dicir, cortar os papeis, facerlle os buracos e poñerlle o canutillo.
Toda una tarefa chea de manualidade pero tamén co seu toque English porque tiveron que ir ás clases de primeiro e segundo a expoñer o seu traballo e a lerlles o que puña en inglés.
Tanto os rapaces que elaboraron os libros coma os que tiveron a gran sorte de disfrutar da súa lectura estiveron encantados. O traballo foi realmente enriquecedor e gratificante.
Enhoraboa!!! Good job,kids!!!

Consulta a Galería de Fotos