Teatro e solidariedade...

O pasado luns 11 de xuño, o noso teatro encheuse de cabaleiros, reis, bruxas, dragóns... na representación teatral de EDELMIRO SEGUNDO Y EL DRAGÓN GUTIÉRREZ realizada a cargo do profesorado de Educación Infantil e Primaria. O espectáculo foi un éxito de público e crítica, polo que...quen sabe.... se volverá a realizarse.
Queremos tamén destacar o seu carácter solidario, xa que toda a recadación será destinada ao proxecto solidario "Beato Salvador Fernández" , onde os salesianos realizan unha labor de alfabetización e nutrición cos nenos talibés do Senegal.
Na venda de entradas recolleronse 1530 euros, polo que vos queremos expresar o noso agradecemento. Aqui quedan as fotos para a lembranza.

obra