"Trampantojos en Salesianos"

A primeira Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, LUDANTIA, celebrarase en Pontevedra no 2018.  Inclúe un concurso ao que se presentaron 79 proxectos de 18 países, e entre eles.... o noso . Un sinxelo pero precioso traballo, "Trampantojo en Salesianos Vigo" realizado polos alumnos de bacharelato de dibuxo técnico do noso centro.
Dos 79 proxectos, soamente 3 serán os gañadores na bienal... pero nesta historia hai máis gañadores: os alumnos, pola experiencia de aspirar a un concurso internacional sen complexos; e o cole, por toda a reflexión que nos deixan co seu traballo, que ben serve para pensar en cómo facemos uso dos espazos da nosa casa, o noso colexio.