Visita a Finca Mirambel

Onte, os alumnos de 3º e 4º da ESO coñeceron un pouco máis sobre o pasado romano da cidade de Vigo a través dunha visita guiada á Villae Romana de Toralla, situada na finca Mirambell (Coruxo, Vigo) .A visita, está enmarcada dentro do programa de actividades das materias de Cultura Clásica (3º da ESO) e Latín (4º da ESO). Os alumnos puideron disfrutar dos restos do que foi unha antiga residencia romana dos séculos IV e V d.C, ademáis dun centro productivo que tería gran importancia nesta etapa por albergar, ademáis,un centro de producción de sal e salgadura de peixe.

Na Galería atoparás algún dos mellores momentos.