Visita a fundación Sales

O pasado 21 de marzo os nenas e nenas de 1º de primaria fomos de visita á Fundación Sales. Non puidemos escoller mellor día para visitar este marabilloso xardín botánico xa que coincidiu coa estrea da primavera. Alí coñecemos moitísimas clases de árbores e plantas procedentes de tódolos recunchos do mundo, pero o que máis nos gustou foi a lagoa coas plantas acuáticas e o bosque de bambú. Ademais, aprendemos a plantar pequenas leitugas que nos levamos para as nosas casas e aproveitamos o soleado día para xogar e merendar no precioso xardín. Pasámolo tan ben que estamos desexando volver!

Visita a Galería de fotos