Xoga coas pioneiras Galegas

Durante a semana das letras, na Biblioteca do cole xogamos a Pioneiras, un xogo de pistas sobre as mulleres galegas que foron pioneiras en diferentes ámbitos, baseado nos libros Pioneiras e Pioneiras 2, da autora Anair Rodríguez, coas ilustracións, usadas no xogo, de Nuria Díaz e Abi Castillo. Ambos libros da Ed. Xerais. Visita o SITE do proxecto e anímate a xogar. 

E aquí vai o vídeo resumo das xornadas de xogo.