Ene15

Aberta a preinscrición en Bacharelato para o curso 19-20

Aberta a preinscrición en Bacharelato para o curso 19-20

Xa está aberto o proceso de inscrición no Bacharelato para o curso 2019-2020 a familias de fora do centro. 

Se estás interesado en recibir máis información ou iniciar o proceso de preinscrición, aquí van os pasos a dar.

 

Proceso de Preinscrición

                             

Entrevista co Director

Entrevista co Director
Chama ao colexio e solicita unha entrevista co director. El presentarache ao detalle as características do centro. Acode a ese encontro, se é posible, co futuro alumno ou alumna do cole. O teléfono é

986 433855

Cubre a solicitude de praza

Cubre a solicitude de praza
Ese mesmo día da entrevista deixa cuberta a solicitude de ingreso no colexio (preinscrición) en secretaria. Logo en abril, poñerémonos en contacto contigo para que poidas reservar a túa praza se segues interesado e hai vacantes. Nun último trámite, en xuño, deberás formalizar a matrícula.

Asignación das prazas vacantes

Asignación das prazas vacantes
No proceso de admisión teremos en conta unha combinación de diversos criterios para adxudicar as vacantes. Son:
  • Irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro.
  • Centro de procedencia.
  • Modalidade de Bacharelato solicitada.
  • Orde de solicitude de entrevista coa Dirección.

Reservar de praza e formalización da matrícula: do 25 abril ao 8 de maio.

Reservar de praza e formalización da matrícula: do 25 abril ao 8 de maio.
En abril poñerémonos en contacto contigo para que poidas reservar a túa praza do 25 de abril ao 8 de maio. Deberás aboar 145 € como garantía de permanencia.

Formalización da matrícula

Formalización da matrícula
En Xuño ou en setembro (alumnado con materias pendentes), poderás formalizar a matrícula sen custo ningún suplementario aos 145 € xa dispostos. Nese momento so deberás pagar, de así o considerares, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.

NO CASO DE NON APROBAR 4º DA ESO

NO CASO DE NON APROBAR 4º DA ESO
O centro comprométese a devolverche a cantidade entregada en concepto de reserva/matrícula. Tamén se procederá á devolución de se producir un traslado de domicilio familiar fóra de Vigo ou se acreditas que o teu fillo ou filla cursará este primeiro ano de bacharelato fóra de España.
 

 

 

Oferta académica

De cara ao vindeiro curso mantemos a oferta de dous itinerarios. Esta oferta pode sufrir algún camabio do que vos informariamos polo miudo.

Atoparás información detallada da Etapa na sección da web BACHARELATO.

Pica nos títulos para coñecelos polo miudo os dous itinerarios que ofertamos:

  • Bacharelato Cientifico- Tecnolóxico

    No noso centro ofertamos a modalidade de Ciencias, coa seguinte estructura de materias:

     

      1º Bacharelato 2º Bacharelato
    TRONCAIS E OBRIGATORIAS

    -       Lingua Castelá e Literatura I

    -       Lingua Galega e Literatura I

    -       Inglés   

    -       Filosofía

    -       Educación Física

    -       Matemáticas I

    -       Lingua Castelá e Literatura II

    -       Lingua Galega e Literatura II

    -       Inglés     

    -       Historia de España

    -       Matemáticas II 

    MATERIAS DE OPCIÓN

    -       Física e Química

    Escoller entre:

    -       Bioloxía e Xeoloxía

    -       Debuxo Técnico I

    -       Química

    Escoller entre:

    -       Bioloxía

    -       Debuxo Técnico II

      -       Historia da Filosofía

    HMATERIAS ESPECÍFICAS

    -       Relixión

    -       T.I.C.

    Unha das seguintes a escoller:

    -       Cultura Científica

    -       Francés I

    -       Relixión

    Escoller entre

    -    Física

    -    Ciencias da Terra 

     -     Economía da Empresa

    Unha das seguintes a escoller por orde de preferencia*:

    -       Fundamentos de Administración e Xestión

    -       Francés II

    -       T.I.C. II

    -       Psicoloxía

     

     

    *Non se ofertarán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos/as

  • Bacharelato Humanistico e de Ciencias Sociais

    Nesta modalidade de Bacharelato ofertamos

      1º Bacharelato 2º Bacharelato
    TRONCAIS E OBRIGATORIAS

    -          Lingua Castelá e Literatura I

    -          Lingua Galega e Literatura I

    -          Inglés   

    -          Filosofía

    -          Educación Física

    Escoller entre:

    -       Latín I

    -       Matemáticas Ap. CC.SS. I

    -       Lingua Castelá e Literatura II

    -       Lingua Galega e Literatura II

    -       Inglés     

    -       Historia de España

    Escoller entre

    -       Latín II

    -       Matemáticas Ap. CC.SS. II

    MATERIAS DE OPCIÓN

    -          Historia do Mundo Contemporaneo

    -          Economía

    -          Historia da Filosofía

    -          Economía da Empresa

    MATERIAS ESPECÍFICAS

    -          Relixión

    -           T.I.C.

    Unha das seguintes a escoller:

    -          Cultura Científica

    -      Francés I

    -          Relixión

    Escoller entre

    -          Xeografía

    -          Historia da Arte

    Unha das seguintes a escoller por orde de preferencia*:

    -          Fundamentos de Administración e Xestión

    -          Francés II

    -          T.I.C. II

    -          Psicoloxía

     

     

     

     *Non se ofertarán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos/as