Feb04

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas Estranxeiras no ano 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A información detallada aparece na web da xunta  http://www.edu.xunta.es/axudasle 

O prazo de presentación é ata o 7 de marzo. Os requisitos para poder acceder ás axudas son:

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016-2017, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
  • Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2015- 2016.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/2016.  
  • Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda.

Os datos de contacto para saber máis:

Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle

Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">

Atención telefónica: 981957296 - 981546544 – 881997497 - 981597538 – 981546503

Orde do 22 de xaneiro de 2018Extracto da Orde do 22 de xaneiro de 2018 (DOG)