Ago26

Bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativa 18-19

Dende o 15 de Agosto ata o 27 de setembro está aberto o prazo para presentar Bolsas para alumnos escolarizaos en centros educativos españois que acretiden a necesidade específica de recibir apoio educativo.

Toda a información está na web do Ministerio,  nos seguintes enlaces:

Para clarexar dúbidas podes contactar co cole, co departamento de Orientación. Aquí vai un breve resumo.

 

Quen pode solicitala?.

Esta bolsa pode ser pedida por todos aqueles alumnos que presenten necesidades educativas especiais

  • «derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta»: nos seguintes niveis educativos: Educación Infantil, Educación Primaria, ducación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior, Ensinos artísticos profesionais, Formación Profesional Básica, Programas de formación para a transición á vida adulta.
  • «asociado a altas capacidades intelectuais» nos seguintes niveis:Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior e Ensinos artísticos profesionais.

Como se pide?

Ata o 27 de setembro, inclusive, é o último día de presentación da documentación necesaria. Para solicitala debe entrar na «Sede electrónica do MEC«, na seguinte dirección https://sede.educacion.gob.es/sede/login/plogin.jjsp Unha vez alí, tal e como recolle a propia web do Ministerio, deberá escoller unha das dúas opcións:

  • 1. Se non está rexistrado: Se non está rexistrado, porque non solicitou bolsa en anos anteriores ou porque non realizou ningún outro trámite vía online co Ministerio de Educación, entre en «rexistrarse» e siga as instrucións. Se o solicitante é menor de 14 anos poderá rexistrarse co documento identificativo do pai, nai, titor legal que sexa membro da familia (se é maior de 14 anos, debe ser o alumno, co seu DNI, o que estea rexistrado na sede electrónica e o solicitante da bolsa). Unha vez recibido a mensaxe e activada a conta, xa pode entrar na Sede electrónica como indicamos a continuación.
  • 2. Se xa está rexistrado: Pode acceder co seu DNI e contrasinal. Se ten problemas para acceder (porque non recibiu o correo de activación ou porque esqueceu o seu contrasinal ou a súa dirección de correo electrónico), na parte inferior verá que pon «#Esquecer os meus datos/Axuda para entrar«. Siga as opcións que se presentan que poder recuperar os datos de acceso.

Documentación

Para o caso de presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, requirirase acreditalo por algunha das seguintes vías:

  • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro basee do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma.
  • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopegógica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente. Pregunta no cole
  • Certificado de discapacidade.

Se o solicitante require axuda para reeducación pedagóxica ou da linguaxe, requirirase, ademais da anterior, a seguinte documentación: Pregunta no cole

  • Certificación expedida polo inspector da zona na que se acredite a necesidade de recibir estes tratamentos pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro no que está escolarizado o alumno solicitante e a inviabilidade de matriculación do alumno solicitante nun centro que dispoña do servizo de reeducación requirido.
  • Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagógica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais que se consideren necesarias para a súa corrección, así como, no seu caso, as prestadas polo centro, a duración previsible da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.
  • Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual.
  • Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe de que reúne os requisitos de formación establecidos na convocatoria.

Se a unidade familiar superase os límites económicos establecidos na convocatoria para as axudas directas, pero tivese a condición de familia numerosa, a unidade de bolsas que tramite a súa solicitude poderá propoñer de oficio a concesión de subsidio; nese caso, requirirase presentar a documentación que demostre dita condición de familia numerosa ao 31 de decembro de 2017.

Para o caso de presentar necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais:

  • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagógica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.
  • Memoria expedida polo centro ou o reeducador que preste o servizo na que conste as características do devandito servizo, así como as horas semanais, o especialista que o presta e o custo.

Presentación da solicitude

No caso de que o solicitante teña certificado electrónico, pode completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf ( escaneando) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación, o prazo de presentación da devandita documentación estenderase ata o 27 de setembro de 2018 inclusive.

Se, pola contra, carece de certificado electrónico, unha vez cumprimentada a solicitude online, deberá imprimir o modelo de solicitude que facilita a aplicación (PDF) e presentalo asinado xunto co resto de documentación no centro educativo (antes do 27 de setembro), que verificará os datos das solicitudes para remitilos con posterioridade ás Unidades de Bolsas para a súa tramitación.