Dic05

Concurso: Buscando o nome á Mascota da Biblioteca

Concurso: Buscando o nome á Mascota da Biblioteca

A dirección do centro María Auxiliadora de Vigo, co gallo da inauguración do curso escolar da biblioteca, convoca un concurso para a busca dun nome para a súa mascota coas seguintes BASES:

  1. O obxectivo deste concurso é a busca dun nome para a mascota da Biblioteca escolar.biblioteca
  2. Poderán participar todas aquelas persoas pertencentes á Comunidade educativa (familias, profesorado, alumnado…) do centro María Auxiliadora de Vigo.
  3. A entrega das propostas será do seguinte xeito: o alumnado de Primaria poderá baixar á biblioteca durante os recreos asignados a cada curso e alí terá os boletos e unha caixa do correo onde depositalos. O alumnado de Secundaria terá os boletos e a caixa do correo no despacho de Xefatura de Estudos. O alumnado de Infantil e as familias que se animen a participar faranno na portería do colexio.
  4. O prazo de presentación dos traballos finaliza o 20 de Xaneiro de 2019. 
  5. O xurado do concurso estará composto por varios membros da comunidade educativa. O fallo comunicarase á volta das vacacións de Nadal.
  6. O premio consistirá nunha tarxeta regalo por valor de 50 euros para cambiar por libros na Libraría Don Bosco, ademais de ser o nome elixido para a mascota.
  7. A entrega do premio farase no festival de Don Bosco o 31 de Xaneiro de 2019.
  8. O premio poderá ser declarado deserto, no caso de non presentarse propostas coa suficiente calidade.
  9. A interpretación das presentes bases só corresponde ao xurado e o feito de participar nel, supón que se aceptan na súa integridade.