Feb12

Convocadas as probas de acceso a ciclos

Xa estan convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:

Para persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a fp grao medio, e teñan dezasete anos ou os fagan no ano 2018. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Máis información 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:

Para persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.  O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Máis información: