Nov04

Proceso de renovación do Consello Escolar

A Orde de 28 de Agosto de 1996 (DOG. 26-09-96), pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno nos Centros concertados, establece no seu apartado 12.2 que “Cada dous anos despois de constituídos os consellos escolares..., levarase a cabo a renovación parcial por metades”. 

De acordo con esta lexislación, corresponde nesta ocasión a renovación de: dous representantes das familias, un representante do profesorado, e dous representantes do alumnado. Elexida a Xunta Electoral, por sorteo público, de entre os Censos de Electores dos diversos sectores da comunidade Educativa, na súa primeira reunión do día 5 de novembro aprobou o calendario de eleccións ao consello escolar , os Censos de electores e as normas electorais segundo a lexislación vixente. 

Podes consulta todolos pasos do proceso no calendario de eleccións ao consello escolar

As normas electorais son:

Son ELECTORES e posibles CANDIDATOS no seu sector correspondente:

  • O pai e a nai, ou o titor/a legal de cada un dos alumnos/as de EI, EP e ESO, que son os Niveis Concertados.
  • Calquera profesor/a de Infantil, Primaria, ESO.
  • Calquera alumno/a a partir de 1º curso de ESO ata 4º da ESO.

Para presentar candidatura deberá cubrirse o modelo de solicitude en Secretaría e entregarse alí mesmo. Para votar, os electores (excepto os alumnos/as) acreditaranse coa presentación do DNI. ou calquera outro documento oficial acreditativo.

PAPELETAS DE VOTO:

  • O voto farase nas papeletas preparadas ao efecto pola Xunta electoral. Nelas figurarán os nomes dos candidatos por orde alfabética.
  • Cada un dos electores poderá votar cunha X como máximo, tantos nomes como membros elexibles (nesta ocasión: dous responsables das familias, tres membros do profesorado e uno do alumnado)
  • As tachaduras e correccións nas papeletas da votación farán que o voto sexa declarado NULO.

Na Portería e Secretaría do Colexio encóntranse exemplares das Normas Electorais a disposición dos que queiran consultalas.

A través da Web e da plataforma Educamos seguiremos informando do proceso.