Mayo20

Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquisición de Material Escolar 2018-2019

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19:

Dirixidas ao alumnado de PRIMARIA e SECUNDARIA.

Existen tres modalidades:

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, así como para alumnado cunha discapacidade ≥ 65%.
  • Fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros): alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP, e todos os cursos de ESO.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e ESO.

AS SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse PREFERIBLEMENTE por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

OPCIONALMENTE, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Máis información:

Na web da xunta atoparás toda a información:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25009