Mayo20

Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquisición de Material Escolar 2019-20

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.  Orde do 3 de maio de 2019 

Beneficiarios:
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir: 
  • a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

  • b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde...

  • c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

AS SOLICITUDES:

Pódense presentar por vía electrónica  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Ou presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se prefiren presentar a solicitude cuberta a man no centro poden utilizar o seguinteenlace.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

rematará o día 21 de xuño de 2019.

Máis información:

Na web da xunta atoparás toda a información:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros