Jun11

Oferta extraescolares para curso 19-20

Oferta extraescolares para  curso 19-20

Xa está aberto o prazo para apuntarse as actividades extraescolares, a aula de estudo e o clube deportivo (sección baloncesto e sección futbol) do próximo curso.  Para preinscribirse as extraescolares, usaremos un formulario on line. no enderezo www.abertal.org/extraescolares1920

As datas para cubrir a solicitude van dende o 17 de xuño ao 19 de xullo. Achegamos as circulares das diferentes ofertas de actividades (tamén están ao voso dispor en Educamos). Como sempre, para calquera aclaración podedes contactar co centro ou directamente en Abertal.