Ene29

Proceso de admisión para o curso 2019-2020

Proceso de admisión para o curso 2019-2020

Achegamos información referente aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da comunidade autónoma de Galicia para: Segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. No noso caso aféctanos únicamente as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria. Dado que o proceso de admisión en Bacharelato é propio. Para os alumnos que xa están no centro e queren continuar o vindeiro curso, non é preciso que fagan reserva de praza.

Información do noso centro

Consulta toda a información que queiras coñecer do noso centro.

 

          

 

Caracter Propio

Somos un centro Salesiano cun estilo propio, o estilo de Don Bosco, baseado na proximidade, a creación dun bo ambiente e a proposta de valores evanxélicos.

No apartado de Carácter Propio detallamos as características da nosa proposta educativa. Consultao para saber máis de nós.

Oferta educativa

Ofertamos con dúas liñas dende Infantil ata Bacharelato. Pica na etapa que che interese para obter máis información
  • - Educación Infantil
  • - Educación Primaria
  • - Educación Secundaria
  • - Bacharelato
  • Servizos

    No centro contamos con diferentes servizos complementarios. A través dos seguintes enlaces podes consultar como funcionan.
  • - Comedor Escolar
  • - Departamento de Orientación
  • - Plataforma Educativa: Educamos
  • - Acollida Matinal
  • - Actividades extraescolares
  • - Centro Xuvenil Abertal
  • - Clube de Baloncesto
  • - Clube de Futbol
  • - Biblioteca Escolar

    Xornada escolar

    Os horarios son os seguintes:
  • INFANTIL:
  • Luns, martes, mércores e xoves: de 9:00 a 12:30 e de 15:30 a 17:30
  • Venres: de 9:00 a 14:00 h
  • PRIMARIA:
  • Luns, martes, mércores e xoves: de 9:00 a 12:30 e de 15:30 a 17:30
  • Venres: de 9:00 a 14:00 h
  • SECUNDARIA:
  • Luns: de 08:15 a 12:30 e de 15:45 a 17:30
  • Martes, mércores, xoves e venres: de 8:15 a 14:10 h
  • Zona asignada para Infantil e Primaria

    Podes consultar o mapa en detalle na seguinte web

    Zona asignada a secundaria

    Para máis información consulta o mapa

    Centro Plurilingüe

  • O noso centro é un centro Plurilingüe en toda a Primaria, dende 1º a 3º EP. Impartimos a materia de Arts and Crafts en Inglés.
  • En secundaria temos Seccuión Bilingüe dende 1º a 3º ESO, en Inglés na materia de Música.
  • Calendario do proceso

    A continuación indícase o calendario oficial do prodecemento de admisión e matrícula. En cada punto iremos actualizando a información co paso dos días 

       

    Data do sorteo público a efectos de desempate

    Celebrase ordinariamente a última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  • Este ano, Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2019/2020, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “E” e “C”"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “U ” e “ P ”.
  • Podes consultar a resolución aquí

    Publicación de postos escolares vacantes

    Antes do 1 de marzo. No noso centro son:
  • 4º EI: 50
  • 6º EI: 1
  • 2º EP: 1
  • 1º ESO:10
  • Presentación da solicitude de admisión

    O prazo ordinario de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo. A matrícula pode facerse on line ou en papel, e debe axustarse ao modelo do anexo II da convocatoria. que o proceso de admisión en Bacharelato é propio. Para os alumnos que xa están no centro e queren continuar o vindeiro curso, non é preciso que fagan reserva de praza.

    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

    Aínda que PREFERIBLEMENTE presentarase xunto coa solicitude, do 1 ao 20 de marzo, pode presentarse ata o 9 de abril.

    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

    Antes do 25 de abril. O prazo para formular reclamación ante a titularidade do centro é dos cinco hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio

    Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

    Do 20 de xuño ao 1 de xullo

    Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

    do 25 de xuño ao 10 de xullo

    Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato:

    do 1 ao 10 de setembro.
           

    Normativa 

    Extraemos algunha información que aparece na Orde do 25 de xaneiro de 2017 que desenvolve o procedemento para admisión de alumnado. E como sempre, dende secretaría estamos ao voso dispor para calquera dúbida que poidades ter.

         

    Artigo 19. Criterios xerais para a admisión do alumnado

  • No caso de baremar, porque o número de solicitudes ao de postos dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:
  • a) Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.
  • b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
  • c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.
  • d) Renda anual per cápita da unidade familiar.
  • e) Condición de familia numerosa.
  • f) Condición de familia monoparental.
  • g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.
  • h) Ademais, para as ensinanzas do bacharelato terase en conta o expediente académico do alumnado.
  • i) Criterios establecidos por cada centro educativo, consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión.No noso centro é ser fillo ou filla de antiguo alumno dalgún centro da obra salesiana
  • Artigo 20. Criterio irmás ou irmáns matriculadas/os no centro educativo

  • 1. Só se terán en conta as/os que vaian continuar escolarizadas/os nel durante o curso escolar para o que se solicita a admisión.
  • 2. A acreditación realizarase mediante fotocopia do libro de familia ou, no caso de menores en situación de acollemento, mediante fotocopia da resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
  • 3. Baremo: por unha irmá ou irmán matriculada/o no centro, 8 puntos; polas/os seguintes, 2 puntos por cada unha/un.
  • Artigo 21. Criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro educativo

  • 1. Cómpre que a nai, o pai, a titora ou titor do alumnado, no prazo de presentación da solicitude, estea vinculada/o co centro mediante relación funcionarial ou contrato de traballo celebrado por escrito, sempre que non estea previsto o remate da relación no curso escolar para o que se solicita a admisión.
  • 2. Non se aplicará este criterio cando se trate de alumnado maior de idade ou menor que non conviva coa persoa que traballa no centro.
  • 3. Baremo: 3 puntos. Puntuación non acumulable no suposto de que ambas/os as/os proxenitoras/es ou titoras/es traballen no mesmo centro.
  • 4. A acreditación será realizada polo propio centro.
  • Artigo 22. Criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos proxenitoras/es ou titoras/es

  • 1. Deberase indicar se se opta polo domicilio familiar ou polo lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios. No caso da admisión a ensinanzas de bacharelato, as alumnas e alumnos maiores de idade ou menores emancipadas/os, poderán optar por que se considere o domicilio do seu lugar de traballo, se é o caso.
  • 2. Considerarase como domicilio familiar o habitual de residencia das/os representantes legais do alumnado ou, se é o caso, o das alumnas e alumnos maiores de idade e menores que co consentimento dos pais vivan en domicilios distintos dos daqueles.
  • Cando os representantes legais do alumnado vivan en domicilios diferentes, considerase como domicilio familiar o daquel con quen este conviva.
  • 3. O domicilio familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas.
  • 4. De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación complementaria: copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.
  • 6. A proximidade ao centro educativo do lugar de traballo acreditarase:
  • a) No caso de persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.
  • b) No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.
  • c) O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.
  • 7. Baremos:
  • a) Proximidade do domicilio familiar:
  • 1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.
  • 2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
  • b) Proximidade do lugar de traballo:
  • 1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.
  • 2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.
  • Artigo 23. Acreditación e valoración do criterio da renda anual per cápita da unidade familiar

  • 1. Terase en conta a renda da unidade familiar do exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude.
  • 2. Considérase que a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente ou parellas de feito debidamente inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia e, se os houber, por:
  • a) As fillas e fillos menores de idade, con excepción das/dos menores que, con consentimento das/dos nais/pais ou titoras/es, vivan independentemente.
  • b) As fillas e fillos maiores de idade incapacitadas/os.
  • 3. Nos casos de nulidade, separación ou divorcio, entenderase por unidade familiar a formada pola nai ou pai e todas/os as/os fillas/os que residan habitualmente cun ou outro, que reúnan os requisitos subliñados no punto anterior. Nos casos de custodia compartida, entenderase como renda da unidade familiar a das persoas que convivan no domicilio familiar indicado na solicitude.
  • 4. Para a valoración da renda da unidade familiar, as persoas interesadas deberán sinalar na solicitude a cantidade que resulte da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro na declaración da renda conxunta, ou se é o caso, a que resulte da suma das declaracións individuais dos membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros computables desta.
  • 8. A valoración da renda anual realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:
  • a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
  • b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
  • c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
  • d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.
  • Artigo 24. Acreditación e valoración do criterio de condición de familia numerosa

  • Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería de Traballo e Benestar, ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación. Neste último caso, deberá achegar a fotocopia do titulo, da súa renovación ou do carné, antes da resolución definitiva da admisión no centro que solicita en primeiro lugar.
  • Baremo:
  • a) Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
  • b) Por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.
  • Artigo 25. Acreditación e valoración do criterio da condición de familia monoparental

  • Acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.
  • A valoración deste criterio é de 2 puntos.
  • Artigo 26. Criterio de discapacidade

  • 1. Puntuaranse as discapacidades en grao igual ou superior ao 33 % da alumna ou alumno, da súa nai, pai ou titora/or ou dalgunha/un das/os irmás/áns.
  • 2. Acreditarase mediante a certificación do grao de minusvalía expedida pola Consellería de Traballo e Benestar ou, se é o caso, do órgano competente doutras administracións públicas.
  • 3. Baremo:
  • a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
  • b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
  • c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.
  • Artigo 28. Criterio complementario aprobado polos centros

  • 1. Os centros educativos poderán establecer un criterio complementario consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente, de acordo con criterios obxectivos, debendo sinalar a forma de acreditalo.
  • 4. Os centros educativos farán público o devandito criterio e a forma de acreditalo antes do día 1 de marzo de cada ano.
  • 5. Baremo: 1 punto.
  • NO NOSO CASO, O CRITERIO É SER FILLO OU FILLA DUN ANTIGUO ALUMNO DA OBRA SALESIANA.

    Aquí atoparás toda a normativa relacionada

    • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
    • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
    • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.