O proceso de inscrición no Bacharelato para familias de fora do colexio o curso 2017-2018, concrétase nos seguintes pasos: 

Chama ao colexio e solicita unha entrevista co director

Chama ao colexio e solicita unha entrevista co director
El presentarache ao detalle as características do centro e completará a información que anticipamos nesta páxina web. Acode a ese encontro, se é posible, co futuro alumno ou alumna do cole. O teléfono é

986 433855

Deixa cuberta a solicitude de ingreso

Deixa cuberta a solicitude de ingreso
Ese mesmo día da entrevista deixa cuberta a solicitude de ingreso en secretaría. As vinte primeiras peticións teñen acceso directo ás prazas que o centro pon a disposición para o alumnado de nova incorporación, a condición de que se aprobe 4º da ESO en xuño.

O documento de preinscripción (previa entrevista coa dirección) non é vinculante: só serve para chamarche en xuño e comunicarche o estado da solicitude. É nese momento canto terás que facer a matrícula.

Asignación das prazas vacantes

Asignación das prazas vacantes
A partir dese número, no proceso de admisión teremos en conta unha combinación de diversos criterios para adxudicar, se as houbese, as prazas vacantes. Son: modalidade de bacharelato solicitada, centro de procedencia, antecedentes familiares no noso colexio, expediente académico...

De cara ao vindeiro curso mantemos a oferta de dous itinerarios. Pica nos títulos para coñecelos polo miudo:

  • Bacharelato Cientifico- Tecnolóxico

    No noso centro ofertamos a modalidade de Ciencias, coa seguinte estructura de materias:

     

      1º Bacharelato 2º Bacharelato
    TRONCAIS E OBRIGATORIAS

    -       Lingua Castelá e Literatura I

    -       Lingua Galega e Literatura I

    -       Inglés   

    -       Filosofía

    -       Educación Física

    -       Matemáticas I

    -       Lingua Castelá e Literatura II

    -       Lingua Galega e Literatura II

    -       Inglés     

    -       Historia de España

    -       Matemáticas II 

    MATERIAS DE OPCIÓN

    -       Física e Química

    Escoller entre:

    -       Bioloxía e Xeoloxía

    -       Debuxo Técnico I

    -       Química

    Escoller entre:

    -       Bioloxía

    -       Debuxo Técnico II

    MATERIAS ESPECÍFICAS

    -       Relixión

    -       T.I.C.

    Unha das seguintes a escoller:

    -       Cultura Científica

    -       Francés I

    -       Relixión

    Escoller entre

    -    Física

    -    Ciencias da Terra 

    Unha das seguintes a escoller por orde de preferencia*:

    -       Fundamentos de Administración e Xestión

    -       Francés II

    -       T.I.C. II

    -       Psicoloxía

     

     

    *Non se ofertarán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos/as

  • Bacharelato Humanistico e de Ciencias Sociais

    Nesta modalidade de Bacharelato ofertamos

      1º Bacharelato 2º Bacharelato
    TRONCAIS E OBRIGATORIAS

    -          Lingua Castelá e Literatura I

    -          Lingua Galega e Literatura I

    -          Inglés   

    -          Filosofía

    -          Educación Física

    Escoller entre:

    -       Latín I

    -       Matemáticas Ap. CC.SS. I

    -       Lingua Castelá e Literatura II

    -       Lingua Galega e Literatura II

    -       Inglés     

    -       Historia de España

    Escoller entre

    -       Latín II

    -       Matemáticas Ap. CC.SS. II

    MATERIAS DE OPCIÓN

    -          Historia do Mundo Contemporaneo

    -          Economía

    -          Historia da Filosofía

    -          Xeografía

    MATERIAS ESPECÍFICAS

    -          Relixión

    -           T.I.C.

    Unha das seguintes a escoller:

    -          Cultura Científica / Francés I

    -          Relixión

    Escoller entre

    -          Economía da Empresa

    -          Historia da Arte

    Unha das seguintes a escoller por orde de preferencia*:

    -          Fundamentos de Administración e Xestión

    -          Francés II

    -          T.I.C. II

    -          Psicoloxía

     

     

     

     *Non se ofertarán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos/as