orientación

O departamento de Orientación é a estrutura do centro responsable de coordinar a "Orientación Educativa, profesional e vocacional dos alumnos", a "atención a alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo", e a "acción titorial". As tres liñas articúlanse a traves de sendos plans anuais de actividades.

Ademáis, colabora na formación permanente do profesorado así como dos pais e nais dos alumnos. É unha estructura ampla, na que participan representantes das diferentes etapas e se organiza en diferentes equipos, sendo a orientación educativa unha tarefa de todo o centro, non so do departamento. 

 

  • Equipo de Orientadores

    Contamos con tres persoas encargadas de tarefas de orientación no centro, reúnese ordinariamente os martes ás 12:30 a 13:30 h. A asignación de horas e tarefas é a seguinte: 

    Humpty

    Humpty

    Horario orientación: luns, mércores e venres, de 9:30 a 11:30 e martes de 12:30 a 14:30h Orientador de referencia nos cursos: 4º da ESO e BACH. Coordinador do plan de Acción Titorial do centro. Coordinador do plan de Orientación Académica Profesional Representante no Equipo Directivo
    Rita

    Rita

    Horario orientación: Luns de 10:10 a 11:00 , Martes de 9:20 a 11:00 e de 12:30 a 13:30, Xoves de 10:10 a 13:30 e Venres de 9:10 a 12:00 Orientador de referencia nos cursos: 1º a 3º da ESO Coordinadora do plan de Atención a Diversidade en Secundaria. Representante na CCP de centro
    Sonia

    Sonia

    Horario orientación: Luns de 09:20 a 10:10 e de 11:20 a 12:10h, Martes de 09:20 a 10:10 e de 12:10 a 14:10h., Xoves de 09:20 a 10:10 e de 11:20 a 12:10h e Venres de 12:30 a 13:20h Cursos de referencia: Infantil e Primaria Coordinadora do Plan de Atención a Diversidade en E.I. e E.P.
  • Equipo Orientación Primaria

    Equipo que coordina as medidas de atención a Diversidade de Infantil e Primaria. Reúnese ordinariamente unha vez ao mes e a demanda dos membros en función da época do ano, e está formado por:

    • Nuria Carrera:  Xefatura de estudos de Primaria.
    • Sonia Núñez: Orientadora e Pedagoga Terapeuta.
    • María Téllez: Especialistas en audición e linguaxe.

     

  • Equipo de Titores de Secundaria Bacharelato

    Equipo que coordina o plan de acción titorial en Secundaria e Bacharelato.  Está formado polo Orientador, o Xefe de Estudos e Titores de ESO e BACH. Reúnese tres veces ao ano: setembro, xaneiro, abril ( á volta de Semana Santa) e xuño.

  • Equipo de Reforzo Educativo de Secundaria

    Equipo que coordina o reforzo educativo en Secundaria
    Formado por: Xefe de estudos, Orientadores, Mestres/-as de reforzo e Titores.
    Reúnense 2 veces ao ano, en setembro e xullo.